VENCELLO nace da sinerxía entre as adegas Os Cipreses e Castrofiz con respecto á terra, á viña e ás artes tradicionais da xente ribeirá do Miño, que co seu traballo e sacrificio nos motivan a loitar para que as viñas non queden se relevo xeracional. Agardamos simbiose e que estes azos dean pulo ás adegas pequenas para non perder a esencia que nos deixaron os nosos devanceiros.
- FASE VISUAL
Limpo e brillante de capa media, cor vermella picota con orla violácea.
- FASE OLFACTIVA
Moi intenso complexo e elegante con notas de bosque (castañas, regalicia, follaxe, humus), froitas (ameixa, guinda, casis), especias (té negro, tomiño), floral cun toque mineral e un sutil e elegante percorrido a madeiras nobres.
- FASE GUSTATIVA
Estrutura intensa na boca, corpulento tanino moi fino, elegante e moi ben integrado, frescura moi agradable, persistencia prolongada e un intenso retrogusto.
Elaboración
- Vendima
- Procesado na adega
- Fermentación
Fermentación alcólica e maloláctica en depósito de inox
50% en depósito troncocónico de carballo francés.
50% en depósito de inox.
- Crianza
Mínimo de 7 meses en depósito troncocónico de carballo francés de 2.700 litros
- Variedades
Mencía
Garnacha Tintureira
Araúxa
Mencía, Garnacha Tintureira e Araúxa
- Produción
3.400 botellas
- Alcol
13%
Enoloxía
- Intervención mínima
- Enoloxía respectuosa
- Chan
- Altitude
Parcelas de 240 a 440 m