V i ñ o s

trisquel-gris20

Os nosos viños

En Adega Castrofiz ofrecémosche viños elaborados con técnicas de viticultura e enoloxía respectuosas co chan e sostibles, sen herbicidas e sen uso de ningún produto de orixe animal.

TINTO - 2022

C a s t r o f i z M e n c í a

Límpido e vivo, bágoa prolongada. Aroma de intensidade media, moi fresco, sobresaen olores a froita moi madura moi sutil e persistente. Na boca ten tanino doce e maduro, persistencia prolongada e un intenso retrogusto.

TINTO - 2020

C a s t r o f i z T r a d i c i ó n

V I Ñ O D E G A R D A

Limpo e brillante. Moi intenso e complexo, recordos de bosque, froitas, especias. Elegante percorrido de madeiras nobres. Estrutura intensa na boca, tanino moi fino e ben integrado, persistencia prolongada e intenso retrogusto.

TINTO - 2020

C A S T R O F I Z B A R R I C A

Limpo e brillante, cor granate. Complexo e intenso con aromas a froitas do bosque, balsámicos, con fondo mineral. Na boca ten entrada de boa intensidade, carnoso, saboroso, cálido. Final persistente con madeira ben ensamblada.

BRANCO - 2022

C a s t r o f i z A m e n z a

Limpo e brillante, amarelo limón con irisacións douradas. Nariz moi fino, sobresaen aromas a froita e un fondo de flores brancas. Na boca é equilibrado, fresco e longo cun postgusto de moita froita con acidez moi elegante e fresca.

TINTO - 2019

C o t o d a S o b r e i r a T i n t o

Límpido e vivo, bágoa prolongada. Aroma de intensidade media, moi fresco, sobresaen olores a froita moi madura moi sutil e persistente. Na boca ten tanino doce e maduro, persistencia prolongada e un intenso retrogusto.

BRANCO - 2019

C o t o d a S o b r e i r a B l a n c o

De cor amarela, brillante. Intenso no nariz, nítido con aromas de froita branca, froita de óso, cítricos, notas tostadas e minerais. Elegante na boca, saboroso, con untuosidade e amplitude, cunha perfecta acidez e harmonía. Final complexo e longo.

A serie VENCELLO é un proxecto co que queremos xerar simbiose e
sinerxía con outras adegas, dende respecto á terra, á viña e ás artes tradicionais da xente ribeirá do Miño.

TINTO - 2022

V E N C E L L O

MENCÍA E MERENZAO

Limpo e brillante. Moi intenso e complexo, recordos de bosque, froitas, especias. Elegante percorrido de madeiras nobres. Estrutura intensa na boca, tanino moi fino e ben integrado, persistencia prolongada e intenso retrogusto.

BRANCO - 2022

V E N C E L L O B R A N C O