A nosa historia
Dous Amigos
vinhos

No 2017 botou a andar Castrofiz, unha adega pequena da Ribeira Sacra, da man de dous amigos que andabamos á procura do viño que nós queríamos beber, ese que fora elaborado dende a tradición ribeirá e dende o respecto á terra, á viña e á súa simbiose co patrimonio no que se integra. 

A nosa historia
Dous Amigos

Agardamos que o pulo da vitivinicultura na nosa comarca e os azos cos que as nosas veciñas e veciños produtores levan tempo traballando na procura de caldos de calidade, encha de dignidade un xeito de vivir, mais tamén de consumir, paseniño, devagar e decatándonos.

"Andabamos á procura do viño que nós queríamos beber".

– Adega Castrofiz –
PREMIOS

Recoñecementos nacionais e internacionais

Algúns recoñecementos profesionais
acadados dende os nosos comezos.

Algúns recoñecementos profesionais acadados dende os nosos comezos.