V i ñ e d o s
OS NOSOS VIÑEDOS
Contamos cunha superficie de tres hectáreas (máis de 100 cavaduras*) de cepas tintas (mencía, brancellao, sousón, garnacha tintureira, merenzao e gran negro) e unha hectárea de cepas brancas (godello, treixadura, albariño, dona branca e branco lexítimo) que se espallan entre a Ribeira Sacra, polas parroquias de San Fiz en Chantada, Castelo e Sobrecedo en Taboada, e Belesar no Saviñao, onde as cepas máis lonxevas conviven en sinerxía coas novas xeracións na procura do equilibrio que pretende Castrofiz.
OS NOSOS VIÑEDOS
Posuímos unha parcela de 0,6 ha con certificado do CRAEGA de agricultura ecolóxica, porén o noso obxectivo vai máis aló dunha produción respectuosa co chan e apostamos por unha viticultura e enoloxía sostibles máis tamén depositarias e transmisoras dos saberes tradicionais ao tempo que profesionalizadas.
*A cavadura é unha unidade de superficie tradicional, xa en desuso, que equivalía aos traballos que unha persoa era capaz de realizar nos viñedos durante un xornal, utilizábase para medir as superficies dos viñedos e equivalía a 100 cepas ben dispostas, 4,37 áreas ou 437 m2.