Castrofiz Tradición 2020
VIÑO DE GARDA

VENCELLO nace da sinerxía entre as adegas Os Cipreses e Castrofiz con respecto á terra, á viña e ás artes tradicionais da xente ribeirá do Miño, que co seu traballo e sacrificio nos motivan a loitar para que as viñas non queden se relevo xeracional. Agardamos simbiose e que estes azos dean pulo ás adegas pequenas para non perder a esencia que nos deixaron os nosos devanceiros.

Limpo e brillante de capa media, cor vermella picota con orla violácea.

Moi intenso complexo e elegante con notas de bosque (castañas, regalicia, follaxe, humus), froitas (ameixa, guinda, casis), especias (té negro, tomiño), floral cun toque mineral e un sutil e elegante percorrido a madeiras nobres.

Estrutura intensa na boca, corpulento tanino moi fino, elegante e moi ben integrado, frescura moi agradable, persistencia prolongada e un intenso retrogusto.

Elaboración
Setembro
Despalillado

Fermentación alcólica e maloláctica en depósito de inox

50% en depósito troncocónico de carballo francés.
50% en depósito de inox.

Mínimo de 7 meses en depósito troncocónico de carballo francés de 2.700 litros

Mencía
Garnacha Tintureira
Araúxa

Mencía, Garnacha Tintureira e Araúxa

3.400 botellas

13%

Enoloxía
Viticultura tradicional sen emprego de herbicidas
Sen derivados de ovo nin ningún outro produto de orixe animal
Franco arxilo-areoso de xisto, lousa e granito

Parcelas de 240 a 440 m

Clasificación na D.O. Ribeira Sacra
TINTO RIBEIRA SACRA GARDA
Premios e recoñecementos

Anada 2020

Guía Peñín 2023 (España)
91 PTS 2022

Anada 2020

Mondial des Vins Extremes (Francia)
OURO 2022

Anada 2020

Guía Paadín (Galicia)
OURO 2022

Anada 2019

Guía Paadín (Galicia)
OURO 2019