Castrofiz Barrica 2020

VENCELLO nace da sinerxía entre as adegas Os Cipreses e Castrofiz con respecto á terra, á viña e ás artes tradicionais da xente ribeirá do Miño, que co seu traballo e sacrificio nos motivan a loitar para que as viñas non queden se relevo xeracional. Agardamos simbiose e que estes azos dean pulo ás adegas pequenas para non perder a esencia que nos deixaron os nosos devanceiros.

Alta intensidade cromática, límpido e brillante, cor granate con reberete morado.

Complexo e intenso no que se mesturan aromas a froitas do bosque (arandos, mora, grosella negra), balsámicos, (betume, eucalipto, regalicia), especias (tomiño, cravo) con notas de crianza, de madeira moi sutil (cacao, café) e cun fondo mineral (terra mollada) da variedade Mencía.

Na boca ten unha entrada de boa intensidade con moitos matices, carnoso, saboroso, cálido. Lembranzas de flor (violeta). Tanino presente pero doce, acidez viva pero equilibrada e un final de boca de boa persistencia e agradable coa madeira ben ensamblada co viño.

Elaboración
Setembro
Despalillado

Fermentación alcólica e maloláctica en depósito de inox

Mínimo de 6 meses en barricas de 300 litros de carballo francés e húngaro

Mencía
Sousón
Garnacha

Mencía, Sousón, Garnacha

800 botellas

13%
Enoloxía
Viticultura tradicional sen emprego de herbicidas
Sen derivados de ovo nin ningún outro produto de orixe animal
Franco arxilo-areoso de xisto, lousa e granito

Parcelas de 240 a 440 m

Clasificación na D.O. Ribeira Sacra

TINTO RIBEIRA SACRA SUMMUM

Premios e recoñecementos

Anada 2019

Guía Peñín 2023 (España)
92 PTS 2022

Anada 2019

Guía Paadín (Galicia)
OURO 2022

Anada 2018

Vinespaña (Extremadura)
OURO 2021

Anada 2018

Guía Paadín (Galicia)
OURO 2019

Anada 2017

Feira do Viño de Chantada (Galicia)
2º PREMIO - Outras Añadas 2020

Anada 2017

Mondial des Vins Extremes (Francia)
OURO 2019

Anada 2018

Guía Paadín (Galicia)
OURO 2019

Anada 2018

Vinespaña (Extremadura)
OURO 2021